Bos días!
Imos a facer un pouquiño máis de traballo dos libros.
De Piezas propoño as páxinas 56 . 57 e 58.
De galego a páxina 123.
Este venres non vou a estar aquí. Ë unha longa historia dunha voda que non se vai a celebrar por mor
da pandemia. Trátase da voda do meu fillo(o segundo). Como digo non haberá unha festa con todos
os invitados pero imos a facer como un simulacro con noivos e os padriños(eu serei a madriña).
Dígovolo porque , con permiso da dirección do cole, vou a ir a esa comida que ten como obxecto paliar un pouco a desilusión de non poder facer unha ceremonia como tíñamos pensado celebrar.(en principio queda posposta para outubro)
Polo tanto mañá subirei as tarefas do xoves e do venres. Non vos agobiedes. Será pouco traballo.
Grazas por entendelo!!!
Boas noites!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario