Onte Gael atopou unha cría de gaivota. Caira do seu niño e estaba soa e asustada. E como somos amantes das aves, colleron a cria e leváronna á praia. Ao estar na auga empezou a nadar. Quero pensar que a súa familia axiña a debeu de atopar.
Hoxe sí funciona o de subir fotos e vídeos, así que para o que non puido ver onte o que propusen ,poño o vídeo.
E seguimos coas aportacións. Noel descubriu un vídeo moi simpático de como saber os resultados da táboa do nove. Seguir o exemplo de como o fai él e a repasar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario