INSTRUCCIÓNS
da XINCANA
2º
PRIMARIA
Tendes
dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6
retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada
reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles
confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte!
Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando
remates todas
as tarefas envíame
un correo a ranipaz73@gmail.com,
para conseguir o teu premio!!
Adiante,
aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!
- Constrúe un instrumento con materiais de reciclaxe, sacade dúas ou tres fotos do proceso ou un pequeno vídeo e mandádello a marivilas59@gmail.com
- Mandade unha foto ou video falando do voso Menú ideal nestes días de confinamento, para ranipaz73@gmail.com
- Escribe o teu nome con comida! Cada letra ten que ser a inicial dunha comida en Inglés (RANI: Rice, Apple, Nuts, Ice-cream)... para ranipaz73@gmail.com
- Para lograr a coroa en Valores Sociais e Cívicos teredes que contarnos mediante unha serie de debuxos como estades a vivir este confinamento e que agardades que suceda nun futuro. Debedes explicar os vosos debuxos nun audio para que os demáis non perdamos detalle do que nos queredes contar!!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
- “Que non Caia!” Debedes inflar un globo con bastante aire, atalo para que o aire non saia e… conseguir dar dez golpes ao globo sen que se caia ao chan!!! Os golpes deben ser coa man, da o mesmo pechada ou aberta. Ánimo, sei que moitos de vos o conseguirán á primeira! Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
- Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores, sacade unha foto e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a oteromiguelez.lucia@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario