Bos días a todos!!
Como xa tedes o libro de Piezas do terceiro trimestre podemos empezar a facelo. De todos xeitos como non queda nada para rematar maio e en xuño, xa vai calor e todos estamos xa un pouco cansos, estiven pensando en non facer todas as páxinas. Escollerei o que sexa máis importante para que non nos agobiemos nesta recta final deste curso tan especial.
Así que hoxe propoño facer as páxinas 10, 11(o ditado de números é: 763-561-900-348-612-887
539-609 )
Facer tamén as páxinas 14 e 15.
Se tedes algunha pregunta poñédeos en contacto conmigo.
Ánimo!! Sodes un clase estupenda. Tanto vos coma vosos pais estades a facer un gran traballo. E non o digo por quedar ben. Ten moitísimo mérito facer o traballo da profe, o voso propio nalgúns casos, coidar a casa, pasar o susto da pandemia, .......
Espero que todo o que estamos a pasar sirva para facernos máis grandes( E non o digo polo peso....)
Un bico e ata mañá!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario