Bos días.
Comenza unha semana e un novo mes. Xa cheira a vacacións!!!
Tiña pensado Para este último mes baixar un pouco o ritmo. Moitos de vos xa estades a traballar e non podedes dedicarlle tanto tempo e atención aos nenos. Ademáis vai moita calor. Pero resulta que xa todos temos o libro de Piezas do último trimestre e quería adiantar un pouco o traballo para facer o máximo posible.
Admito suxestións e si alguén lle parece que é moito o que propoño podemos ir acomodando as tarefas.
A parte boa é que non hai que copiar nin facer fotocopias. So é completar nos libros de galego e de Piezas.
Veña, un último arreón!!!
Para mañá de galego imos a facer as páxinas 118 e 119.
´Do libro de Piezas imos a facer a páxina 25. , 34 e 35
Imos a pasar por agora das páxinas que falan das unidades do peso(Kilo, medio Kilo e cuarto de Kilo), non porque non sexan importante senon porque o darás máis en profundidade no curso que ven.
O mesmo pasa coas páxinas 28 e 29 que fala da materia e dos cambios de estado.
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario