Bos días a todos e bo inicio de semana!
Hoxe subirei máis vídeos que me vades mandando. Estou encantada da vosa resposta.
Como é luns e levades dous días descansando vou a poñer un pouco de tarefa "académica" .
. Empezade coa táboa do 8. Xa sabedes, para adiante, para atrás, salteada e , despois, repasade as anteriores.
. Piezas páxinas 176 e 177.
. Lingua galega páxinas 86 e 87 ( o ditado será o trabalinguas da páxina 79)
. Copiade as seguintes operacións nunha folla e realizalas.
347 421 547 546 874 454 607 491 308
+ 246 +998 +175 +663 +409 -227 -318 -173 -169
-------- ------ ------- ------ -------- ------ ------- ------- -------
48 99 75 41 63 86 59 26 88 95
x2 x5 x7 x8 x3 x6 x4 x7 x5 x6
----- ------ ------ ------- ------- ------ ------ ------- ------ ------
E para rematar e estar entretidos vos propoño facer para o proxecto un loro con cartulina si tivérades na casa ou folios coloreados . Seguide as instruccións que é moi fácil. todo se fai con círculos-
No hay comentarios:
Publicar un comentario