Día 27 de marzo (parte I)

Ola ! Xa está aquí o venres.

Varios de vos xa fixéchedes o reto da lagartixa trepadora e , co permiso dos pais, vou a subir a vosa obra.

Pero antes un pensamento positivo: NON FOI FÁCIL PERO  LOGRÁMOLO !

Que tal foi o xogo de A historia de Pinocho? Queredes saber cal era miña historia non real?
O de deixar a Maribé olvidada no cole foi certo. Xa vos dixen que quedei moi mal.....e que nunca máis pasou algo así. A historia que é mentira é a da pasta de dentes. Nos petos da bata teño moitas cousas:chaves, papeis, servilletas, pasta de dentes, botóns, cartos, texoiras.......pero crema das mans non!

Hoxe gustaríame que fixérades unha lista  de elementos da natureza según a cor . Empezo eu e vos seguides.
 amarelo:sol, ouro, mel, cúrcuma, trigo maduro...
 naranxa:
 vermello:
 azul:
 verde:
 marrón:
 negro:
 branco:


Como este fin de semana fará 15 días que levamos na casa gustaríame que fixérades un pequemo relato de como o levades. Contádeme que facedes diariamente, cando facedes as tarefas do cole, canto tempo adicades ao xogo, si axudades na casa, como vos sentides, que é o que máis botades de menos, ........
Recordade o uso das maiúsculas ao empezar a escribir e despois de punto. Non fagades oracións moi longas. Preparade as ideas mentalmente e separade ben as oracións.

E para rematar , un experimento sinxelo con cousas que podedes atopar na casa. Chámase A brebaxe do mago. Deixo os pasos a seguir. IMPORTANTE: este brebaxe non é potable. NON o bebas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario