Día 29 de abril

Ola nenos!!
Consultando a axenda,resulta que hoxe deberíamos estar na granxa Serantellos de excursión!!!
Que mágoa que este curso xa non podamos facer tantas cousas como tíñamos pensado!! Pero hai que ser positivos. Ao ler os vosos traballos sobre o confinamento moitos de vos mandáchedesme unhas mensaxes moi alentadoras :botades de menos aos amigos e aos avós pero pasades máis tempo con papá e mamá, aprendedes tecnoloxía buscando información, ou mandando os vídeos ou fotos dos vosos traballos, reaccionades con intelixencia e buscades plans alternativos cando algo non sae o non tedes as ferramentas axeitadasm algúns bordan, cociñan, ...... E sobre todo, estades aprendendo a mirar a vida doutra maneira. Os cambios sempre asustan pero despertan a nosa capacidade para adaptarnos ás novas situacións.

Non deixedes as vosas obrigas. A rutina é necesaria. Tedes que seguir traballando, ainda que sexa nestas circunstancias porque para o curso que ven vades a iniciar un novo ciclo.

Imos a empezar cunhas multipliocacións. Antes recordarvos varios puntos:

Ë importante saberse as táboas.

Empezamos a multiplicación pola dereita.

Calqueira número multiplicado por cero da cero-

Calqueira número muliplicado por un da ese mesmo número.

Si o resultado é un número de dúas cifras , poñemos a unidade e levamos a cifra das decenas para sumarlle ao resultado de multiplicar o número seguinte.

Exemplo:

 25             2x5=10 Coloco o 0 e levo arriba o 1.
x2
------           2x2=4 , agora súmolle o 1 que levei de antes e queda 5
50

Facer vos as seguines:)colocádeas en vertical)
 7x4=
37x5=
803x7=
6521x0=
9532x8=
73412x9=


Copiar vosotros la ficha, tanto el pequeño texto como las preguntas y las respuestas. Hacedlo con buena letra. Pasarme os dous traballos ao correo.
Hasta mañana!!!



NOTA IMPORTANTE:
A todas as familias comunícovos que o equipo de orientación do colexio comparten recursos de lectura, escritura, aplicacións interesantes este é a ligazón.

https://orientacionpondal.blogspot.com/

Moitos bicos e unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario